BlueGlobe International
My status

Translation Services

Translation Services

Career With BlueGlobe

Banner
Banner
Banner

SAIC

"SAIC is a FORTUNE 500® scientific, engineering, and technology applications company that uses its deep domain knowledge to solve problems of vital importance to the nation and the world, in national security, energy and the environment, critical infrastructure, and health. BlueGlobe International LLC consistently provides language services on a global scale which meet the strict vendor standards required by SAIC."


Fulbright

"BlueGlobe cares .. our expectations were exceeded with accuracy and promptness. A long term relationship will benefit our firm and yours."


Crowell-moring

"Thanks again for extra-ordrinary services."


AAAS

"Friendly staff combined with unusual promptness and services will see our association always requesting BlueGlobe."

* For Translation - click flag

Galego Servizos de tradución

Galician

BlueGlobe International - oferta os servizos de tradutores cualificados de galego

Os nosos tradutores profesionais de galego proporcionan servizos de tradución tendo un amplo e baril coñecemento da lingua de partida, da lingua de orixe e do tema. Ao contratar tradutores de galego altamente cualificados e con experiencia, BlueGlobe pode traducir calquera proxecto sexa do eido ou das dimensións que for, incluíndo sitios web, correos electrónicos, cartas, revistas, documentos legais, publicacións médicas, manuais técnicos, libros, receitas, menús, etc... incluso tatuaxes! Xa que logo, traducimos proxectos dos eidos máis diversos, coma o legal, o financeiro, o médico, o técnico, a mercadotecnia, etc. BlueGlobe mira por evitar más traducións e asegúralles aos seus clientes que todo o material que envíen ha ser traducido por un tradutor nativo de galego. O tradutor ao que se lle asigne o proxecto deberá ter experiencia probada e coñecementos específicos do eido temático do proxecto enviado polo cliente. Alén diso, ha coñecer as "sutilezas" lingüísticas precisas para acadar a tradución perfecta.

Contact Us Na procura de traballo?

Es un profesional de talento con formación en servizos lingüísticos? Se o es, convidámoste a cubrir o formulario en liña neste sitio web! É de balde, doado e hache levar de cinco a sete minutos.

Contact UsCorreccións profesionais!

Tes experiencia e formación na corrección de textos? Con formación específica nun eido concreto? Forma parte do grupo de falantes nativos que gozan co seu traballo!

Contact UsEspecialidade

En BlueGlobe International, ser o segundo non nos vale. A nosa regra xeral é porporcionarlle un alto nivel de calidade. Os nosos clientes repiten polo noso grande grao de especialización.

 
Contact Us Contacte connosco

Compañías de todo o mundo confían en nós -
... e pronto tamén vostede

Teléfono:
+1.541.330.0450
+55.21.2262.1793
+91.172.2561020
Móbil:
+1.541.213.8526
+55.21.2262.1793
+91.981.4535577
Fax (USA-Argentina-India):
+1.541.330.0451
+55.21.2262.1793
+91.172.2561020

www.blueglobetranslations.com

 

Oferta de servizos de tradución-
... en centos de linguas

Árabe Hebreo
Chinés Italiano
Neerlandés Xaponés
Inglés Latín
Francés Portugués
Alemán Ruso
Grego Castelán
Todas as linguas e máis

Professional Translation Services Company

Request a Quote

Por que BlueGlobe International?

Porque estamos orgullosos do noso traballo e impórtannos os resultados! Como líder no mercado internacional de servizos lingüísticos (tradución, interpretación, transcrición, localización, etc.), somos quen de ofertar servizos a escala global tanto a particulares como a empresas. Para proporcionarlles aos nosos clientes traducións precisas ao 100%, realizamos unha serie de controis de calidade en todos os pasos da tradución. A súa tranquilidade énos importante en BlueGlobe e, con certeza, ha recibir a calidade merecida e esperada.

  • As cen linguas principais
  • Todas as especialidades
  • Os prezos máis competitivos
  • Servizos de calidade
  • O máis alto nivel de satisfacción do cliente
  • A axencia de tradución con maior crecemento no mundo
  • Centos de provedores de servizos lingüísticos
  • Concepto de equipo de principio a fin
  • Dispoñíbeis as 24 horas, os sete días da semana

O noso programa de garantía en dez pasos

O seguimento do noso programa de garantía en dez pasos asegura unha calidade excepcional para todos os proxectos de tradución en galego:

  1. Cada proxecto de tradución de galego ha ser analizado por un xestor de proxectos competente
  2. Realizará un proxecto de tradución
  3. O proxecto de tradución ha serlle asignado a un tradutor profesional
  4. Hase deseñar unha base de datos terminolóxica exclusiva para o proxecto
  5. Programarase un programa de tradución asistida para o proxecto
  6. Traducirase o proxecto ao galego
  7. Sempre se realizan controis de calidade
  8. A tradución estará no formato requirido (DTP)
  9. Toda a tradución ha ser lida por segunda vez por un falante nativo
  10. O xestor de proxectos ha realizar a revisión final - entrega ao cliente

A nosa rede global de tradutores profesionais e cualificados implica ofertarmos un resultado rápido incluso para os proxectos de maior tamaño e cun prazo axustado. Á marxe dos requirimentos da lingua de partida e da lingua de chegada, galego inglés (US), inglés (US) galego, ou calquera outra combinación lingüística (francés de Canadá-alemán, chinés-portugués, etc.), a precisión e calidade dos nosos proxectos de tradución queda garantida por BlueGlobe International.

Tarifas - galego

Hai un número de factores (características textuais, prazos de entrega, número de palabras, formato do documento, etc.) que inflúen no prezo do proxecto de tradución. Para ter un orzamento preciso, simplemente prema en 'Solicitude de orzamento' e cubra o formulario en liña. Os documentos en cuestión pódennos ser enviados por correo electrónico, proporcionando a información necesaria e a documentación precisa para o orzamento correspondente sen custos adicionais.

BlueGlobe International está á disposición dos nosos clientes as 24 horas, os sete días da semana! O noso amábel persoal fará todo o posíbel para o axudar.

Lingüista telefonista:
Inglés
+1.541.330.0450 (USA)

Asistencia por correo electrónico as vintecatro horas, sete días:
Inglés - ruso - castelán - Chinés - Francés - Xaponés
This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it

Privacidade dos nosos servizos

A privacidade dos nosos clientes é o máis importante para BlueGlobe International. Teña a certeza de que todos os documentos, proxectos, correos, cartas, documentos, etc. estarán protexidos pola nosa estrita normativa sobre privacidade. O noso obxectivo é facer que cada cliente se sinta cómodo e seguro cos nosos servizos; visite o noso sitio web e revise a nosa normativa. Nesta páxina os clientes coñecerán o tipo de información que almacenamos, como a protexemos e as opcións que o cliente ten para nós a usar. Instámoslle a nosa normativa sobre privacidade para que entenda o noso duplo compromiso cos servizos e a privacidade. Abofé que apreciamos as súas opinións e a súa participación! Ao mantermos un alto nivel de integridade e de compromiso inigualábel cos servizos que prestamos, BlueGlobe construíu ao seu redor unha fachendosa clientela que lle confía a nosa empresa os seus proxectos e a súa información persoal. Como clientes habituais, son o noso maior activo.

Traducido por Lucía Martínez Fernández

 

feed-image Feed Entries

Get your FREE QUOTE now or call us directly at 1.541.330.0450 or 541.213.8526 (USA)


Warning: session_write_close() [function.session-write-close]: write failed: Disk quota exceeded (122) in /home/blueglob/public_html/libraries/joomla/session/session.php on line 556

Warning: session_write_close() [function.session-write-close]: Failed to write session data (files). Please verify that the current setting of session.save_path is correct (/tmp) in /home/blueglob/public_html/libraries/joomla/session/session.php on line 556